fbpx

Sinte a emoción dos peregrinos e de cada persoa que chega á Praza do Obradoiro como destino dunha longa viaxe.

Peregrinos, visitantes e estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, aportan un ambiente de intercambio cultural á capital de Galicia.

No centro histórico, declarado Patrimonio da Humanidade, destaca a impoñente Catedral de Santiago, referente arquitectónico internacional do románico. As estreitas rúas medievais lembran oficios tradicionais como os “prateiros”, “concheiros”, “acibecheiros” e “picheleiros”.

Descansa na Alameda, visita o Mercado de Abastos e descubre a historia de personaxes que marcaron a memoria da cidade, como Diego Xelmírez, Alonso de Fonseca ou “as Dúas Marías”.

Visita Padrón para vivir de preto a lenda da barca de pedra do Apóstolo Santiago e segue os pasos da ruta de Rosalía de Castro, escritora fundamental do Rexurdimento tralos séculos escuros da literatura galega.

Descubre Santiago

Descubre a maxia de Galicia