A Vía da Prata e o río Miño cruzan a cidade convidándote a camiñar sen presa. Elixe Ourense e achégate aos mananciais de auga termal, fogar das ninfas segundo a mitoloxía.
A Vía da Prata e o río Miño cruzan a cidade convidándote a camiñar sen presa. Elixe Ourense e achégate aos mananciais de auga termal, fogar das ninfas segundo a mitoloxía.
Pasea polas rúas que inspiraron obras como A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, un dos grandes escritores da literatura galega.
O “pulpo á feira” e o viño da comarca do Ribeiro destacan entre a gastronomía local, que poderás degustar no entorno da Catedral de San Martiño.
Vive o Entroido, as Xornadas do Folclore e a festa do magosto, entre outras moitas actividades culturais que ofrece a cidade das Burgas.
Achégate ao Castelo de Ribadavia, visita o Mosteiro de Celanova, pasea polo centro histórico de Allariz e afonda na cultura castrexa en San Cibrán de Las.